Hola!!
Bueno, como podedes observar conectome mais ben pouco. Non hai tempo e non hai maneira tampouco. A verdade e que hai motisimas novidades… e penso que contar todo detalladamente dariame moio que facer e avos moito que ler!! Resumirei todo o que poda.
O miercoles pasado fun á entrevista de traballo ó laboratorio, a verdade máis que entrevista foi firmar contratos e mais contratos. A impresión foi boa.
O xoves comecei a currar. Horario de 9 a 17:30, con minidescanso para “mangare”. Queda bastante lonxe de onde vivo e ás 7 xa me toca diana o despertador, poucas horas durmo!
O conto foi que cheguei, presentáronme a unha vasca que está tamén alí de beca e que levaba xa 3 dias de curro. O jefe da sección onde empezaba díxolle que me explicase ela que así xa entendía máis rápido, e así foi. En menos de 2 minutos dinme conta de que estaba no sitio equivocado. Explicareivos porqué:
A empresa dedícase a análises medioambientais de augas, aire e alimentos. Ata ahí todo ben, eso xa o sabía de antes. O conto é que a min dixéranme os de Sistema Turismo (Stratos e Angelo) que se adpataba ben ó meu perfil porque se facían probas que eu coñecía, que nn eran de clínica pero que o fundamento das técnicas eran similares. Eso gustoume, pois así como que amplío campo de traballo, que nunca está de máis. Ben, vou ó tema. Falando ca vasca, cando me estaba explicando o que habia que facer… dios, era todo quimica, e eu non son de quimica. E dixenllo. E quedouseme paralizada. Dixo:
-Pero ti non eres de quimica?
-Non, son sanitaria.
-E que fas aqui? Porque desto non sabes non?
- Pois a verdade e que desto que me estás explicando non teño nin idea.
Colle e dicelle ó jefe de sección que son sanitaria e él quedouse flipando tamén. Foi cando me din conta de que Stratos seguía na súa línea: Facendo as cousas ó revés.
O conto é que pasei todo o día facendo non sei que dos hidrocarburos das augas, xa me dirás ti. Todo rarísimo e nada que ver cos meus estudios. A plantilla ó completo quedou ca boca aberta, todos botando as maos á cabeza por donde me metera o cabrón de Stratos. Eu preguntáballes que qué era da seccion de microbioloxía, que sabía que a había e deso sei, todos dicindo que ali non habia case traballo que ali non me podian levar que fixera quimica que nonsei que e non sei canto. Evidentemente salin de alí ardida e collin e fun a Sistema Turismo a explicar o tema e pedir que me buscaran outra empresa. Como era de esperar, Stratos non estaba.
Ó dia seguinte fun currar outra vez, e a cousa seguia igual. Unha das jefas dixome q en microbioloxía non me iba meter, asique que si queria que rompiamos contrato, e cando ibamos ó tema, apareceu outro dos jefes , menos mal, porque non sei que discutiron ali entre os dous e levoume a micro, estivemos rompendonos a cabeza cunha maqina nova e dixome que o lunes fora directamnte ata ese laboratorio. De puta madre. despois dixome que volvera ata quimica ata que rematara a xornada. Fun, currei, e chamou o Stratos citandome pa despois do traballo. Rematei e fun. Stratos non estaba, pero estaba Angelo, que é jefe de Stratos, de puta madre, moito mellor, que este tío é serio no seu traballo.
Pois non, non é serio, é outro mamonazo. Botoume a bronca do siglo, comezou a inventarse movidas, dixome que me tiña que adaptar, que lle dixeran os da empresa que non poñia interes, que iba á miña bola, que non facía o traballo e que non facía mais que ueixarme. Todo mentira, nin fixen eso nin eles o dixeron (dudoo moito, porque non é verdade). O maricón este díxome pois que non fora o lunes a traballar, que me buscaba outra empresa, pero se non atiña nunha semana, que me mandaba á casa. (por suposto non iba mover un dedo por min)
Eu estaba que non daba crédito. Riuse de min na miña cara. Púxome á altura da merda. “Tu vienes aqui de vacaciones como muchos de tus compañeros, asi que te aguantas”. hay que ver que jeta. Ahi xa non aguantei mais e comecei a defender a miña postura, porque aquelo daba ganas de queimar a oficina con el dentro. Chupan dos cartos da miña beca e ainda encima ten a cara de insultarme. En fin. Que eu volvin o curro, que decencia teño. E fixen ben.
Hoxe comecei en microbiologia e paseino genial, non hai moito que facer, pero tas todo o dia facendo cousas, ainda que seña relajadamente.
QUE SE JODAN ESTES CABRONES DE SISTEMA TURISMO
Todo gracias á empresa, que se moveu e sen ter que facelo, porque saben perfectamnte como son esta xente, que se é por Stratos podía pasar os 3meses sen facer nada e el forrandose de cartos.
Menos mal que todo saliu ben porque se non creo que me daba xa un ataque de nervios, porque o 90% dos becarios estamos igual de ardidos.
Cambiando de tema:
Este sabado fun a Venecia, 18 rapaces eramos, todos os que estamos de colegueo na residencia. Precioso. Quedei alucinada. Desde logo é unha forma de vida inimaxinable, totalmente diferente. Vamos que o pasei moi ben e que me serviu para relajarme despois dos malos royos co ANgelo.
Aconsello a todo o mundo que vaia a Venecia!!! ë máis impresionante do que eu pensaba. Espero poder volver algunha vez. Déixovos algunhas fotos e paro xa de escribir tamén. Quero ir pa casa xa, acaba de entrar Stratos e paso de poñerme de mala ostia, que é velo e poñerseme a mala sangre (como a todos nos).
Que vos vaia ben, aer se me conecto mais a menudo. Biquiños a todos. Déixovos algunha foto de venecia. Envidiosooooooooossssss
PD: Hoxe festa, vanse os de Tenerife, eles xa remataron. Será unha festa un pouco amarga, porque fixemos boas migas, a parte de que será corta, que mañá teño que currar. Porca misseriaaa!

